Este mércores 20 falaremos sobre Decrecemento na Coruña na mesa redonda do «Farturento vertedoiro»
O noso compañeiro Xoán Doldán falará este mércores 20 de xullo a partir das 19 h na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) sobre Decrecemento, na mesa redonda titulada O farturento vertedoiro que tratará sobre as seguintes cuestións:
- Pode sobrevivir a cultura do desbotable no actual contexto de escaseza e repartición asimétrica de recursos?
- Que outras culturas de consumo son posibles?
- Que poden achegar ao respecto as ciencias sociais,
a cooperación internacional, as artes visuais ou a arquitectura?
Participarán:
- Xoán Doldán: Profesor Titular de Economía Aplicada na USC. Ex Director do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia). Membro de Véspera de nada, Asociación por unha Galiza sen petróleo.
- Guillermo Fernández-Obanza: Fundador e Secretario de Ecodesarrollo Gaia, ONG adicada á cooperación internacional. Pioneiro do movemento ecoloxista en Galicia.
- Fermín Blanco: Arquitecto. Autor de numerosas ferramentas educativas e proxectos de arquitectura sostible.
- Moderada por Nilo Casares: Comisario de proxectos artísticos como Outonarte 2009.
A mesa redonda terá lugar dentro do programa de actividades paralelas á exposición artística Sofás Iravedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario