DIA INTERNACIONAL
DEL@ EMIGRANT@
18 de Diciembre del 2007
Estuvimos allí, en agradecimiento a la colaboración que la Secretaría de Inmigración de la Xunta de Galicia presta a la labor de Ecodesarrollo Gaia. Gracias.
O departamento de Emigración presenta, no Día do Migrante, a campaña de sensibilización da sociedade galega diante do fenómeno da inmigración
Manuel Luís Rodríguez pondera que “non se trata de que pensar o mesmo senón de practicar a igualdade na diversidade”
A campaña de sensibilización da cidadanía galega diante do fenómeno da inmigración e presentada hoxe baixo o lema “Sumamos todos”, incide precisamente na convicción de que “todos aportamos e, independentemente da orixe e a nacionalidade, todos sumamos na conta dunha sociedade máis próspera”. Porque a sociedade próspera é a que “recoñece dereitos, a que abre expectativas, a que comprende, a que valora a riqueza cultural que aporta a diferenza”, sinalou Manuel Luís Rodríguez.
A campaña, dirixida á sociedade de acollida, propón espertar a sensibilidade dos galegos e galegas ante unha nova poboación que busca condicións de mellora persoal despois de deixar no seus países situacións de conflitividade. “Se perseguimos unha sociedade aberta e integrada, a integración debe concibirse como un proceso bilateral, incluso multilateral”. Nese senso, todos os galegos e galegas, reclamou o responsable de Emigración, “debemos contribuír cunha actitude positiva e tolerante á integración”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario